jueves, 16 de febrero de 2012




A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN NO ÁMBITO GALEGO.


O termo Sociedade da Información, tal e como o define o sociólogo Manuel Castells, fai fincapé nas implicacións desta na sociedade, como proceso dinamizador e impulsor na comunicación do coñecemento.


Este proceso amósase con claridade mediante as TIC, e na continua implementación de avances en canto ás novas tecnoloxías, as cales facilitan e impulsan o dinamismo social en canto a coñecemento e innovación se refire.

Sen embargo, a cotío observamos como no entorno rural existen grandes limitacións á hora de acceder aos novos medios dispoñibles, feito clarividente no caso galego.

O entorno rural, preséntase como o medio no cal uns cidadáns, iguais en dereitos e oportunidades que os demais, senten as mesmas necesidades que os residentes nas cidades, e aos que as novas tecnoloxías poden axudar a poñer en igualdade de coñecementos cos habitantes das mesmas, vencendo esa sensación de illamento e desconexión do mundo actual; handicap tradicional neste entorno e, por outra banda, causa do seu despoboamento ante a falta de oportunidades por mor da escaseza e incluso inexistencia dos medios necesarios para o seu desenvolvemento.

Ademais diso, son os colectivos de maior idade os que presentan unha maior dificultade á hora de acceder aos novos medios. As proxeccións no caso de Galicia amosan o continuo avellentamento da poboación, tal e como se amosa no cadro seguinte:



PROXECCIÓN DA POBOACIÓN GALEGA.
TOTAL
POBOACIÓN 55-69 ANOS
2010
2.742.129
494.591
2020
2.754.184
551.390
2030
2.689.546
607.820
2040
2.575.283
613.421
  2010 – 2040
-6%
24%
Fonte: Elaboración propia a partir de datos do IGE.


Segundo as predicións do IGE, a poboación total galega experimentaría unha redución do 6% para o período comprendido entre 2010 – 2040. Sen embargo, o colectivo de traballadores tomado como referencia para este caso (poboación de entre 55 e 69 anos) incrementarase en torno a un 24%.

Ante esta situación, é preciso a posta en marcha de políticas sociais para o fomento do rural galego. Coas posibilidades existentes neste entorno, resulta preocupante o continuo abandono do mesmo cara as cidades e, como se amosa nos últimos anos, cara o denominado Eixe Atlántico; en contraposición están as provincias interiores, cada vez máis despoboadas. Todo elo acaba creando grandes desigualdades económicas e sociais no espazo, creando un novo mapa reflexado na concentración nas cidades e no despoboamento rural.

Ante isto, ¿que medidas se poderían levar a cabo para impulsar o dinamismo do medio rural? Ante a gran variedade e posibilidades que amosa este entorno, ¿por que non se establecen empresas para o desenvolvemento das súas actividades?.

Co continuo avellentamento da poboación galega, a cal non posúe os medios necesarios para o acceso ás novas tecnoloxías, e establecida no rural predominantemente, ¿realmente pódese falar de Sociedade da Información neste entorno?