jueves, 16 de febrero de 2012




A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN NO ÁMBITO GALEGO.


O termo Sociedade da Información, tal e como o define o sociólogo Manuel Castells, fai fincapé nas implicacións desta na sociedade, como proceso dinamizador e impulsor na comunicación do coñecemento.


Este proceso amósase con claridade mediante as TIC, e na continua implementación de avances en canto ás novas tecnoloxías, as cales facilitan e impulsan o dinamismo social en canto a coñecemento e innovación se refire.

Sen embargo, a cotío observamos como no entorno rural existen grandes limitacións á hora de acceder aos novos medios dispoñibles, feito clarividente no caso galego.

O entorno rural, preséntase como o medio no cal uns cidadáns, iguais en dereitos e oportunidades que os demais, senten as mesmas necesidades que os residentes nas cidades, e aos que as novas tecnoloxías poden axudar a poñer en igualdade de coñecementos cos habitantes das mesmas, vencendo esa sensación de illamento e desconexión do mundo actual; handicap tradicional neste entorno e, por outra banda, causa do seu despoboamento ante a falta de oportunidades por mor da escaseza e incluso inexistencia dos medios necesarios para o seu desenvolvemento.

Ademais diso, son os colectivos de maior idade os que presentan unha maior dificultade á hora de acceder aos novos medios. As proxeccións no caso de Galicia amosan o continuo avellentamento da poboación, tal e como se amosa no cadro seguinte:



PROXECCIÓN DA POBOACIÓN GALEGA.
TOTAL
POBOACIÓN 55-69 ANOS
2010
2.742.129
494.591
2020
2.754.184
551.390
2030
2.689.546
607.820
2040
2.575.283
613.421
  2010 – 2040
-6%
24%
Fonte: Elaboración propia a partir de datos do IGE.


Segundo as predicións do IGE, a poboación total galega experimentaría unha redución do 6% para o período comprendido entre 2010 – 2040. Sen embargo, o colectivo de traballadores tomado como referencia para este caso (poboación de entre 55 e 69 anos) incrementarase en torno a un 24%.

Ante esta situación, é preciso a posta en marcha de políticas sociais para o fomento do rural galego. Coas posibilidades existentes neste entorno, resulta preocupante o continuo abandono do mesmo cara as cidades e, como se amosa nos últimos anos, cara o denominado Eixe Atlántico; en contraposición están as provincias interiores, cada vez máis despoboadas. Todo elo acaba creando grandes desigualdades económicas e sociais no espazo, creando un novo mapa reflexado na concentración nas cidades e no despoboamento rural.

Ante isto, ¿que medidas se poderían levar a cabo para impulsar o dinamismo do medio rural? Ante a gran variedade e posibilidades que amosa este entorno, ¿por que non se establecen empresas para o desenvolvemento das súas actividades?.

Co continuo avellentamento da poboación galega, a cal non posúe os medios necesarios para o acceso ás novas tecnoloxías, e establecida no rural predominantemente, ¿realmente pódese falar de Sociedade da Información neste entorno?

2 comentarios:

  1. pero as persoas maiores tamén empregan as TIC e forman parte da S. da Información. Pensemos na lectura de xornais, no contacto por videoconferencia coa familiar emigrada, na teleasistencia, telemedicina,... Quizáis nisto podería xurdir un niño de emprego para os xóvenes. Que te parece? e na Estrada sería posible un servizo especializado destas carácterísticias?

    ResponderEliminar
  2. En canto á dinamización das novas tecnoloxía se refire, é importante sinalar o novo proxecto que se inicia fai uns anos na Estrada, a través da empresa "Aestradadixital.com", a cal ten como obxectivo e finalidade achegar a todo o rural estradense o acceso ás novas tecnoloxías, comezando por internet. Nas casa-escolas (xa en desuso na meirande parte dos casos) establécense e póxense á disposición dos veciños computadoras con internet para dinamizar e ensinar a toda a poboación a que se podería chamar, nova orde social.

    Instálanse polas parroquias antenas wifi e nas casas os correspondentes receptores, co cal a un prezo económico todos podemos aprender e disfrutar das vantaxes que ofrece internet, sendo intrascendente o grupo de idade ao que pertenzas.

    Ademais, dado a dificultade que pode entrañar o inicio no uso do mesmo, ofrécense cursos gratuitos cos que poder inicirarse e avanzar nos usos das novas tecnoloxías.

    Todo elo, está sendo levado por un grupo de xóvenes cunhas ideas moi ambiciosas, polo que si chega a crear un niño de emprego para os xóvenes. Se isto continúa adiante, e cun maior apoio tanto de empresas públicas como privadas, así como do Concello, sería posible diversificar a súa oferta, achegando novas ideas e proxectos nas enormes posibilidades que abarcan as novas tecnoloxías da información.

    ResponderEliminar