lunes, 19 de marzo de 2012








O FENÓMENO DA SUBURBANIZACIÓN

Predominantemente dende os anos setenta, estase a dar o proceso de suburbanización, consistente o mesmo na desconcentración da poboación lonxe dos asentamentos urbanos e dos centros das cidades.

Este proceso rompe coa dinámica de urbanización que se viña dando ata o momento, polo cal se crearan as cidades, constituídas como os grandes núcleos de innovación e desenvolvemento socioeconómico.

Esta nova tendencia, con movementos centrífugos (expulsión da cidade cara o rural e periferia), posibilita o desenvolvemento do medio rural grazas ao efecto desbordamento do coñecemento, o cal se expande do medio urbano (os grandes centros do coñecemento) cara esas denominadas zonas suburbanas.

O gradiente de urbanización descende a medida que nos desprazamos do centro cara afora, debido á existencia das denominadas coroas, tal e como se amosa no debuxo:





Urbano     Suburbano    Rururbano    Rural     Rural Marxinal



Este proceso, dinamizador do medio rural, abre unha porta ao desenvolvemento e conservación do mesmo. A actual situación económica, xunto cos problemas que xorden á hora de vivir nas cidades (elevados prezos da vivenda, contaminación, estrés derivado do ritmo frenético das mesmas, etc.), provocan que un número crecente de individuos, predominantemente xóvenes adultos, desenvolvan a súa vida nestas zonas suburbanas.

No caso de A Estrada, a vila amósase como un lugar máis tranquilo e refuxio da cidade de Santiago de Compostela, onde un importante colectivo desenvolve o seu traballo. Á vez, as aldeas do Concello desenvolven o mesmo papel para aqueles individuos que buscan unha maior tranquilidade no medio rural.

Esta tendencia, debería ser aproveitada para consumar e establecer o rural como medio de vida, igual que os núcleos urbanos, sen limitacións para a poboación, pero ¿como se pode conseguir isto? ¿que medidas se poderían tomar?

2 comentarios:

  1. Por qué unha familia pode cambiar o seu fogar da cidade ao campo? e un xoven? e un parado?

    ResponderEliminar
  2. Hoxe en día, e coa coxuntura económica na cal estamos irmersos, emerxe a posibilidade do "regreso ao campo". Ante a falta de emprego nas cidades e núcleos urbanos (ante a crise económica a cal provoca o retroceso na demanda e estancamento económico)o campo permite un novo enfoque de desenvolvemento económico. Novas iniciativas e puntos de partida cos cales dinamizar o medio rural á vez que atopar unha nova fonte de ingresos para as familias. Todo elo debe ser aprobeitado para facer rexurdir o medio rural, moi olvidado nos últimos tempos e o cal, hoxe en día, parece retomar o seu dinamismo paulatinamente. Os avances tecnolóxicos adaptados a este novo contexto do rural, permitirán o seu avance e acoplamento ao novo entorno socioeconómico derivado da chamada "Sociedade da Información", na cal estamos irmersos hoxe en día. Todo isto axudará á creación de emprego e, conxunturalmente, á saída da profunda recesión na cal estamos inmersos. Dende as institucións, tanto públicas como privadas, é preciso a implantación de políticas que axuden a conseguir tales fins, a posibilidade é real, queda o máis iportante, levala a cabo.

    ResponderEliminar