lunes, 9 de abril de 2012


HOMO OECONOMICUS



Homo oeconomicus (Home económico en latín; transcrito economicus ou oeconomicus) é o concepto empregado na escola neoclásica de economía para modelizar o comportamento humano. Esta representación teórica comportaríase de forma racional ante estímulos económicos sendo capaz de procesar adecuadamente a información que coñece, e actuar en consecuencia.

Esta definición, na súa contextualización politicamente correcta, non amosa o verdadeiro sentido da “economía real” que xorde cada día no entorno social. Este enfoque, baseado fundamentalmente na modelización e a abstracción matemática non recolle factores clave que inflúen na economía dunha maneira trascendental. O abuso das matemáticas  no denominado paradigma neoclásico, o cal se basea por outra banda no individualismo metodolóxico e o papel dos mercados como mecanismo asignador dos recursos escasos, amosa resultados a miúdo moi distantes da realidade.

No entorno académico os estudantes reciben unha educación dirixida cara este enfoque o cal acaba por alonxar aos mesmos do entorno que os rodea. No contexto económico, xorden multitude de escolas e autores que amosan alternativas ao enfoque neoclásico, tales como Ronald Coase e os custes de transacción, a epistemoloxía de Karl Popper, o socialismo de Karl Marx e Enguels, ou as críticas de John Galbraith ou Julio Segura entre unha gran multitude de enfoques e autores con críticas e formas diversas de ver a economía.
Por todo elo, estamonos equivocando coa forma de facer economía na actualidade? Máis que coa forma, é recomendable basear o entorno social coa simple modelización económica? Deberíanse ensinar “as outras formas" de economía existentes?

Co paso do tempo, vemos como unha e outra vez estamos a cometer os mesmos erros, os cales a pesar das políticas económicas e institucións existentes non se resolven. A gran burocracia existente é capaz de facer fronte á crise actual? As políticas aplicadas, máis que o debate sobre a súa validez ou non, son capaces de resolver, ou a lo menos axudar a superar os graves problemas aos que nos enfrontamos hoxe en día?

Toda profunda recesión acaba por crear un novo entorno socioeconómico e institucional, observaremos co paso do tempo o novo inicio e algún día, moi probablemente, o seu novo fin....

Velaquí unha cita célebre dun dos grandes economistas clásicos:

"E PARA DICILO DUNHA VEZ PARA SEMPRE, ADVERTIREI QUE EU ENTENDO POR ECONOMÍA POLÍTICA TODA A ECONOMÍA QUE, DESDE W. PETTY, INVESTIGA A CONCATENACIÓN INTERNA DO RÉXIME BURGUÉS DE PRODUCIÓN, A DIFERENZA DA ECONOMÍA VULGAR, (...) QUE POLO DEMAIS SE CONTENTA CON SISTEMATIZAR, PEDANTIZAR E PROCLAMAR COMO VERDADES ETERNAS As IDEAS BANAIS E ENGREÍDAS QUE OS AXENTES DO RÉXIME BURGUÉS DE PRODUCIÓN FÓRMANSE ACERCA DO SEU MUNDO, COMO O MELLOR DOS MUNDOS POSIBLES."
KARL MARX

3 comentarios:

  1. Alex, pero que relación hai entre o Homo Oeconomicos a demografía e mercado de traballo... e coa Estrada? que podes reflexionar ao respecto?
    Non debes perder o fio conductor do teu blog.

    ResponderEliminar
  2. La imnigración que viene a trabajar aquí por un salario inferior al que cobran los trabajadores españoles ¿ crees que es un tema que tiene relación con esa "economía real que xorde cada día no entorno social" como afirmas na publicación?

    ResponderEliminar
  3. Nun contexto social como o actual, de profunda crise, intento con esta publicación reflexionar sobre o sentido que ten o enfoque actual da economía baseado na modelización, coa ecoonomía real, as taxas de desemprego no caso concreto de A Estrada por exemplo. Máis que a búsqueda da veracidade matemática de novas teorías económicas, penso que o núcleo conductor se debería basear no estudo das variables socioeconómicas, as cales representan en verdade a economía.

    En canto ao tema exposto por Daniel Sánchez, penso que sí se corresponde con esas variables socioeconómicas, é un claro exemplo da economía que nos rodea, tan de moda nestes tempos, nos que a búsqueda de alternativas noutros países cobra gran importancia ante a falta de oportunidades en Galicia e España. Hoxe en día o impacto económico da inmigración segue a ser un dos temas pouco estudados e non está claro o impacto positivo ou negativo do mesmo.

    Conclúo polo tanto reafirmando a necesidade dun novo enfoque no estudo e ensino, centrándonos no realmente importante, como ciencia social que é, da economía.

    ResponderEliminar