martes, 1 de mayo de 2012

(II) ... á correcta política.




Un enfoque alternativo móstrase por exemplo co programa Leader (Relacións entre actividades de desenvolvemento rural)  da UE, o cal a través dun enfoque ascendente estuda mediante un análise DAFO as características propias do rural. Dito programa xorde dentro da política de Desenvolvemento Rural da UE, consolidándose como o II pilar da PAC, fomentando o desenvolvemento sostible nas zonas rurais europeas e atallando os problemas económicos, sociais e medioambientais que xorden.

 O enfoque LEADER consta dos elementos seguintes:

  • Estratexias de desenvolvemento local por zonas, deseñadas para territorios rurais subrexionais claramente delimitados.
  • Partenariados locais entre os sectores público e privado mediante a creación de Grupos de Acción Local (GAL).
  • Un enfoque ascendente que outorgue aos Grupos de Acción Local un poder decisorio sobre a elaboración e aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local.
  • Concepción e aplicación multisectorial da estratexia baseada na interacción entre os axentes e proxectos dos distintos sectores da economía local.
  • A aplicación de enfoques innovadores.
  • A execución de proxectos de cooperación.
  • A creación de redes de partenariados locais.
Co seguinte enlace accédese a un documento moi interesante para o coñecemento do enfoque Leader e as súas distintas etapas:


Con este programa perfectamente descentralizado, analízanse por parte da colectividade residente dunha zona concreta, mediante os GAL, as características propias da zona para deste modo poñer en práctica as políticas necesarias para o desenvolvemento sostible do rural.

No noso pobo, ¿por que non crear un grupo de acción local que nos permita analizar os puntos fortes e débiles da nosa vila?

A través dun enfoque ascendente ¿cres que os obxectivos perseguidos para o Concello de A Estrada terían un maior impacto e repercusión?

¿Cres que a nova Estratexia 2020 amosará mellores resultados que a anterior Axenda de Lisboa, ou pola contra trátase dun novo plan con obxectivos moi abstractos que segue a mesma liña que a súa predecesora?

No hay comentarios:

Publicar un comentario