FUNDACIÓN MARÍA MARTÍNEZ OTERO.
No ano 2004, e como recoñecemento á fundadora da
compañía, créase a Fundación María Martínez Otero, entidade sen ánimo de lucro
que ten como obxectivos principais o fomento, a promoción e o desenvolvemento
da industria do moble. Destaca polo seu compromiso na formación e educación de
mozos profesionais, promovendo a interacción entre profesionais e empresa,
entre tradición e modernidade, entre cultura e deseño...

Entre as accións máis importantes levadas a cabo por parte da empresa, cabe reseñar:
- O Premio Internacional de Deseño.
- Industrial do moble.
- Bolsa Suso Durán.
- Múltiples exposicións.
- Conferencias variadas.
- Talleres.
- As actividades do Centro bibliográfico.

A súa presenza no Concello de A Estrada amósase como
unha vía cara o desenvolvemento e promoción da marca estradense. Levando a cabo
un compromiso entre a empresa, as institucións públicas e privadas e a sociedade,
é posible a dinamización da nosa cultura, así como os aspectos socioeconómicos
mediante os cales conseguir unha mellora do nivel e calidade de vida para o
pobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario