Nos últimos anos o sector do turismo experimenta notables cambios, sendo un dos máis importantes a diversificación da oferta turística froito das
variacións nos gustos da demanda. Segundo os datos oficiais proporcionados polo INE, a Galicia
chegan ao redor de 5 millóns de turistas estranxeiros e 11 millóns de turistas
nacionais ao ano.
Neste panorama xorde entre outros, o turismo
rural, o cal acada un importante desenvolvemento na nosa comunidade. Os
resultados mostran unha favorable evolución do mesmo, experimentando
fundamentalmente dende os anos noventa do século pasado un importante ritmo de
crecemento da oferta e a demanda e presentando actualmente unha importante cota
do mercado nacional.
A través de iniciativas como o programa Leader da UE incentívase o
establecemento e remodelación de casas
adicadas ao turismo rural. Galicia posúe ao redor de 600, producíndose
nembargantes un estancamento nos últimos catro anos.

Un dos complexos máis importantes do noso pobo é o Pazo de Oca. Declarado monumento
histórico-artístico, trátase dunha propiedade privada, a cal merece a
pena visitar. O conxunto está formado por tres grandes elementos: Unha igrexa-capela,
un palacio, e xardíns. O edificio foi construído durante os séculos XVII e XVIII
e converteuse, co tempo, no máis renombrado dos pazos galegos.
O Pazo de Oca
é un conxunto dunha gran monumentalidade tanto arquitectónica, como botánica e
ornamental. É un fiel reflexo da sociedade da época no que está construído, ao
mostrar claramente os distintos compartimentos nos que estaban divididas as
clases sociais.
Hoxe en día forma unha praza pública onde sobresae o edificio barroco xunto coa Torre da
Homenaxe, restos do antigo castelo que anteriormente se erixiu no lugar. Ao
fondo pode observarse a capela e un paso elevado e privado para os propietarios.
O conxunto finaliza coa casa onde vivían os antigos serventes da propiedade.
A igrexa do conxunto, adicada a
San Antonio de Padua caracterízase por estar construída en planta de cruz
latina, nun edificio palacego elegante, totalmente barroco e de medidas
perfectas. Tanto a fachada
como os seus interiores mostran os escudos de todos aqueles que nalgún momento foron
propietarios.
O pazo conta con enormes e
magníficos xardíns, con estanques,
sebes, balaustradas, veredas e pontes, ademais dunha gran variedade de flora.
O amplo estanque atópase dividido por un pasadizo de pedra albergando unha
barca que navega polas súas augas. Polos xardíns poderemos atoparnos todo tipo
de árbores, camelias e tilos. Para moitos, o elemento máis significativo é a
combinación perfecta de flora e auga.
Sen embargo e ante este magnífico pazo, outras moitas son
as casas adicadas ao turismo, as cales supoñen unha magnífica oportunidade para
o desenvolvemento do pobo. A continuación deixo un enlace dunha páxina onde se
poden ver as mesmas, coas posibilidades que presentan.
Ante este panorama, ¿non sería aconsellable a creación de acordos entre as mesmas para mellorar a oferta e ofrecer ao público mellores condicións? Mediante a cooperación poderían aparecer sinerxias, as cales posibilitarían a búsqueda dunha maior eficiencia no sector.
Existe en A Estrada algún tipo de asociación ou consorcio onde os negocios turísticos colaboran? De non ser así, como ti dis o aproveitamento das sinerxías será algo que deban valorar precisamente nestes tempos de crise, no que imaxino que a demanda decaería en certa medida. Non obstante, está claro que o turismo rural foi e segue a ser un importante elemento dinamizador da economía galega. Parabéns á localidade por saber adaptarse ao turismo!
ResponderEliminar¿Por que afirmas que sería aconsellable ofrecer ao público mellores condicións?¿Queres decir que a localidade non se esta dando conta da pontencializade que pode alcanzar o turismo rural na Estrada e, por iso, non acondicionan o máximo as casas rurais, pazos,...? Por outro lado destacar, dende o meu punto de vista, que o aumento da oferta de casas rurais non sempre vai acompañado da motivación da xente por facer turismo rural. Poñoche o exemplo da miña localidade, Sanxenxo, donde a xente emprega as casas rurais pero, sen embargo, dedícanse ao turismo de sol e praia.
ResponderEliminarEn canto ao proposto por Marta, destacar que sí existen en A Estrada asociacións para a promoción do turismo rural, tal é o caso da Asociación Turismo Rural Tabeirós-Terra De Monstes Mar De Compostela, ou o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla-Umia-Léreze, os cales poden axudar ao desenvolvemento deste sector sempre e cando exista o cooperativismo e colectivismo entre cada unha e dentro das mesmas, para aprobeitar esas sinerxías.
ResponderEliminarSen embargo, e xa contestando a Daniel, non me parece que se dea ese cooperativismo, nin o activismo necesario para levar a cabo proxectos de gran calado.
Outro tema de gran relevancia é o uso das casas de turismo rural, moitas sí son empregadas para este tipo de turismo, mentres que, polas súas características, outras son remodeladas (como é o caso dos Pazos)e empréganse para uso particular.