jueves, 10 de mayo de 2012

Empresa Martínez Otero (I).

PROJECT MANAGEMENT, FABRICACIÓN E INSTALACIÓN DE MOBILIARIO E INTERIORISMO



No marco da investigación a realizar para a asignatura Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Rural do Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica da USC que estou a cursar, propóñome a análise da empresa Martínez Otero.

A través do estudo da mesma, preténdese indagar sobre o impacto que presenta no concello de A Estrada, así como a súa dimensión económica no contexto rexional, nacional e internacional. Martínez Otero é fundada no 1942 por María Martínez Otero, como un taller de ebanistería de calidade, adicada á venda de pezas coidadosamente elaboradas en toda España.

Xa nos anos sesenta, Martínez Otero preséntase como unha fábrica de mobles que traballa para diversos clientes en proxectos Contract (1), desde mobiliario para colexios, ata despachos ou bibliotecas institucionais.

Con 70 anos de historia, preséntase na actualidade como un grupo de empresas especializada na execución de grandes proxectos Contract e a fabricación de mobiliario de deseño contemporáneo, desenvolvendo a súa actividade económica nos cinco continentes.

Cunha gran capacidade de produción, os seus servizos van dende a execución do proxecto integral, á fabricación ou instalación de mobiliario e equipamento, ofrecendo unha gama de servizos en tódalas fases dos grandes proxectos de interiorismo, o que lle confire un nivel de fidelidade de clientes superior á media.

O seu capital é 100% español, independente e familiar. O domicilio social, establecido na vila, favorece a creación de postos de traballo para os cidadáns,  impulsando o crecemento –nivel de vida- e desenvolvemento –calidade de vida- económico de A Estrada e os estradenses.

Cronoloxía da Empresa.

1942: María Martínez Otero funda un taller de ebanistería de alta callidade.


1960: Martínez Otero é xa unha fábrica que vende mobles en toda España.

1970: Martínez Otero realiza instalacións e proxectos de interiorismo para tendas, colexios e institucións en España.

1980: Lanzamento da primeira colección de mobles de deseño contemporáneo Martínez Otero.

1990: Realización de grandes proxectos de interiorismo para tendas a nivel internacional.

2004: Creación da Fundación María Martínez Otero.

2005: Creación da nova marca Mo, coa colaboración de deseñadores internacionais.

2006: Ampliación dos servizos de Contract e aumento dos proxectos internacionais para grandes marcas en colaboración cos máis prestixiosos arquitectos e interioristas.

2006: Ampliación da capacidade industrial, incorporación de tecnoloxía de vangarda e reforma das instalacións.

2007: Expansión Internacional das marcas Mo e Martínez Otero con vendas en diversos países de Europa e EE.UU.

2007: A mesa Twist, de Mo, Premio Internacional de Deseño IDE-FX , e Premio Elle Decoration Internacional.

2007: Expansión da división de tendas de Martínez Otero Contract con novos proxectos para Zara e Adolfo Domínguez.

2007: Expansión da división de hoteis con novos proxectos para Silken internacional, Barceló Hoteis, Hilton e Sheraton Hotels and Resorts.

2008: Expansión da división de tendas/retail con proxectos realizados para Loewe, Tous, Hackett, Jaime Mascaró, Bóboli... en diversos países do mundo.

2009: Creación de Martínez Otero Emirates con servizos de Contract nos países Árabes.

2010: Expansión da división internacional de hoteis e creación do servizo chave en man para tendas, con implantación en Francia, Reino Unido e Alemaña.

2011: A expansión internacional consolídase con novos proxectos en máis 183 cidades nos cinco continentes. 

2012: Posicionamento de Martínez Otero en Contract de alto valor engadido para grandes marcas e grandes cadeas de hoteis en todo o mundo.

Velaquí o enlace á páxina web de Martínez Otero, donde poderedes atopar información de todo tipo:


Tras esta increíble evolución co paso do tempo, na cal se observa a enorme dimensión de Martínez Otero ¿Cres que unha parte do desenvolvemento económico de A Estrada ven marcada pola mesma?

Como unha das máis representativas en canto ao sector da madeira no Concello de A Esstrada, pola súa situación de Capital do Moble de Galicia, ¿Que opinión che merece esta empresa? ¿Coñeces a alguén que traballe en Martínez Otero?



(1) Contract é a canle onde se integra unha cadea de valor de produtos e servizos, con enxeñería específica, ao obxecto de dar unha resposta glogal e especializada na arquitectura, interiorismo e equipamento (decoración) hostaleiro e outros espazos de uso colectivo.
O resultado é unha boa xestión desta cadea de valor, a cal  achegará unha maior rentabilidade ao investimento do promotor/operador, e incrementará o valor do establecemento.










3 comentarios:

  1. Dende logo o que expós é un interesante caso de éxito de empresarial. A situación da Estrada coma capital do moble de Galicia é sen dúbida unha gran oportunidade para a comarca de se desenvolver e crear postos de traballo a nivel local de xeito permanente. Con todo, imaxino que a crise deixarase notar con forza neste sector, xa que está bastante vencellado á construción. Resulta chamativo o énfase internacionalizador que se observa dende os inicios da crise actual, en 2007, aproveitado pola empresa para "fuxir" un pouco do deprimido mercado español, polo menos mentres non escampe o temporal. Semella que esta estratexia estalles a dar bos resultados, o cal pode ser un bo exemplo para outras empresas que estean a ter problemas hoxe en día, posto que demóstrase que as oportunidades de medrar están aí, só hai que saber buscalas.

    ResponderEliminar
  2. Non coñezo a ninguén que traballe nesta empresa, pero dende logo é interesante ver cómo pouco a pouco, con traballo e dedicación, a empresa foi medrando ata converterse no que agora mesmo é. Estou de acordo con Álex en que a internacionalización da empresa pode ser un bo exemplo a seguir por outras empresas que se ven obriadas a pechar debido á crise.

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que resulta moi chamativa esa perspectiva, de como dende os inicios da crise aprobeita a oportunidade de medrar noutros países dada a escaseza de oportunidades e dinamismo da economía estradense, galega e española. Sen dúbida, exemplo a seguir...

    ResponderEliminar